Virapé

 

VIRAPÉ(Danças do mundo)

Duo formado por Lena Andrea Ulrich (Alemania) músico, profesora de cantos e danzas do mundo e Servando Barreiro (Galiza) músico e contador de historias.

A traxectoria musical de ambos comprende viaxes e estancias en varios paises do mundo onde recolleron cantos e danzas para logo transmitriren nos seus espetáculos a través das diferentes agrupacións as que pertenceron ou na edición de trabalhos discográficos e libros cd’s para a aprendizaxe das mesmas.

Nos seus espetáculos combinan a música ao vivo con gran riqueza tímbrica como resultado da combinación das suás voces con a variedade de instrumentos musicais que utilizan e a apredizaxen de cantos e pasos de danza pertencentes a diferentes culturas.

O seu obxetivo é que cada vez mais xente coñeza estas danzas e se anime a participar nelas, para iso realizan concertos regulares en diferentes espazos públicos: salas de baile, cafés concerto, prazas, locais veciñais..etc.

  • Lena Andrea Ulrich………………Voz, frauta doce, tin wishel, saxo alto, punteiro, acordeón.

  • Servando Barreiro…………………Voz, concertina, acordeón e guitarra.